🚨 Actos vandálicos no parque infantil de Carnés
Durante a celebración das festas de San Cristóbo producíronse graves actos vandálicos que provocaron importantes danos no parque infantil, deixando practicamente destruído todo o peche perimetral, así como a zona de xogo.
Resulta profundamente lamentable que un espazo pensado para o lecer, a convivencia e o desfrute dos máis pequenos sexa obxecto deste tipo de comportamentos incívicos. Uns danos que, ademais do seu custo económico, privan ás nosas nenas e nenos dun lugar seguro onde xogar.
📢 Solicitamos a colaboración da veciñanza. Se algunha persoa presenciou os feitos ou dispón de información que poida axudar a identificar aos responsables, pregamos que a poña en coñecemento do Concello ou das forzas e corpos de seguridade.
Ao mesmo tempo, informamos de que se iniciarán as investigacións oportunas para esclarecer o sucedido e depurar as responsabilidades que correspondan.
Coidar do noso patrimonio común é unha responsabilidade de todas e todos. O respecto polos espazos públicos é tamén respecto polos nosos veciños e, especialmente, pola infancia.
Vimianzo merece ser un concello do que sentirnos orgullosos. Coidémolo entre todos