Noticias y alertas

DÍA DA BICI | 🚴🏻‍♀️🚴🏻‍♂️ Preto dun cento de persoas participaron esta mañá na décimo terceira edición do Día da Bici...

21/06/2026

DÍA DA BICI | 🚴🏻‍♀️🚴🏻‍♂️ Preto dun cento de persoas participaron esta mañá na décimo terceira edición do Día da Bicicleta de Vimianzo, unha cita xa consolidada para promover o deporte, os hábitos de vida saudables e a mobilidade sostible.
🚲 A marcha cicloturista, cun percorrido de aproximadamente 12 quilómetros, reuniu a participantes de todas as idades que percorreron distintas rúas do núcleo urbano e da contorna do Val de Vimianzo nunha xornada marcada pola convivencia e o bo ambiente.
👏🏻 Dende o Concello queremos agradecer a participación de todas as persoas asistentes e, especialmente, o traballo e colaboración do coordinador técnico de Deportes, Víctor Santos; das agrupacións de Protección Civil de Vimianzo e Camariñas; da Policía Local; do Club Ciclista Val de Soneira, Triatlón Costa da Morte e das persoas voluntarias que contribuíron ao correcto desenvolvemento da actividade.
💙 Grazas por facer posible, un ano máis, o éxito do Día da Bici en Vimianzo.

Más Información

Cerrar [X]Uso de cookies

Utilizamos cookies propias y de terceros para mejorar nuestros servicios y recopilar datos estadísticos sobre hábitos de navegación. El uso de cookies es necesario para la notificación de incidencias. Si continúa navegando, consideramos que acepta su uso. Puede obtener más información, o bien conocer cómo cambiar la configuración, en nuestra Política de cookies