Noticias e alertas

🏆 HISTÓRICA FINAL DA COPA DA COSTA NO CAMPO MUNICIPAL IRMANDIÑO! ⚽️💙 Onte o noso campo municipal viviu unha xornada me...

25/05/2026

🏆 HISTÓRICA FINAL DA COPA DA COSTA NO CAMPO MUNICIPAL IRMANDIÑO! ⚽️💙
Onte o noso campo municipal viviu unha xornada memorable que quedará gravada para sempre na historia do deporte de Vimianzo e de toda a Costa da Morte! Cando traballamos xuntos, TODOS EN EQUIPO, SEMPRE SAE MELLOR! 💪✨
Queremos expresar o noso máis profundo agradecemento a todas as persoas, profesionais e entidades que fixeron posible este gran éxito organizativo, deportivo e de convivencia:
🤝 Á Real Federación Galega de Fútbol (Futgal):
Grazas ao seu presidente, Pablo Prieto, a Manuel González Correodoira, a Silvia Cancela e a toda a xunta directiva por elixir o campo do Irmandiño para esta gran cita e por todo o seu apoio incondicional.
🦅 Ao Soneira S.D.:
Un agradecemento moi especial á súa directiva polo seu total compromiso, axuda e implicación, así como a todos os colaboradores que se sumaron sen dubidalo durante estes días previos.
👏 Aos clubs finalistas e ás súas afeccións:
A nosa máis sincera noraboa ao campión, o CF Muxía! 🏆
Queremos felicitar e agradecer a ambos clubs ( CF Muxía e o Scd Malpica) e ás súas inchadas polo comportamento exemplar. Grazas polo respecto mutuo, pola boa sintonía e por agasallarnos con ese ambientazo cheo de ilusión e deportividade.
Ao incrible equipo humano de organización e seguridade:
🙌Un evento así esixe un traballo inmenso detrás. Nada disto sería posible sen:
👨‍🏭O persoal municipal: polo seu esforzo nos traballos previos de posta a punto do campo e na creación de 3 novas superficies totalmente explanadas, logrando un gran número de aparcadoiros para unha entrada ordenada.
👮‍♂️Seguridade e loxística: Grazas á Policía Local e a Protección Civil de Vimianzo polo seu labor impecable.
👨‍✈️Forzas de Seguridade: O noso agradecemento á Garda Civil de Vimianzo, Muxía e Corcubión, baixo a excelente coordinación do Teniente Juan Alberto Sueiro e do Sarxento Rubén Fernández.
🏦Concello de Dumbría: Un agradecemento especial ao seu alcalde, Raúl González, e a toda a corporación por cedernos as súas gradas portátiles, o que nos permitiu ampliar o aforo para que ninguén perdera detalle deste fito na comarca da Costa da Morte.
📸 Aos medios de comunicación e fotógrafos:
Moitísimas grazas a todos os medios de comunicación, xornalistas, fotógrafos e fotógrafas que se desprazaron ata o campo para dar cobertura a este evento.
Grazas polo voso traballo á hora de plasmar e difundir a maxia e a emoción de todo o acontecido na gran final!
🙌 Á nosa xente:
Grazas de corazón a toda a afección, veciños e veciñas de Vimianzo e de toda a comarca da Costa da Morte por acompañarnos e facer que o Irmandiño vibrara coma nunca nun día histórico.
💯É un auténtico orgullo contar con todos vós. Seguiremos medrando e organizando grandes citas en equipo! 🏛️⚽️
#Vimianzo #CopaDaCosta #Irmandiño #FutbolGalego #CostaDaMorte #DeporteEnEquipo #OrgulloVimiancés #MediosDeComunicación

Máis información

Cerrar [X]Uso de cookies

Utilizamos cookies propias y de terceros para mejorar nuestros servicios y recopilar datos estadísticos sobre hábitos de navegación. El uso de cookies es necesario para la notificación de incidencias. Si continúa navegando, consideramos que acepta su uso. Puede obtener más información, o bien conocer cómo cambiar la configuración, en nuestra Política de cookies