ALZA VOZ DE MULLER I Osvdías 8 e 9 de maio, o noso concello acollerá a segunda edición de “Alza Voz de Muller”, un foro xa consolidado como referente do liderado feminino no rural.
📝 Inscricións abertas en: www.alzavozdemuller.com
Deputación da Coruña
Plan Emprego Local - PEL Deputación da Coruña
#AlzaVozDeMuller #Vimianzo #MullerRural #LideradoFeminino #CostaDaMorte #Igualdade
✨ NOVA PONENTE CONFIRMADA ✨
Rosa Arcos Caamaño súmase a Alza Voz de Muller
Mesa: “O sistema non é neutro: barreiras invisibles no emprendemento e no emprego”
Hai unha parte da historia do emprendemento feminino que non se conta desde os despachos.
Cóntase dende o rural.
Dende a resistencia.
Dende as mulleres que levan décadas sostendo vida, economía e territorio… sen recoñecemento.
Rosa Arcos leva toda unha vida nese lugar.
Vinculada desde 1986 á organización Unións Agrarias de Galicia, foi unha das impulsoras da visibilización das mulleres no sector primario e da creación de redes de mulleres rurais en todo o territorio. Socia fundadora de FADEMUR e presidenta durante máis de quince anos, actualmente é Secretaria Xeral e directora de proxectos en FADEMUR Galicia, liderando iniciativas clave en emprego, emprendemento, igualdade e loita contra a violencia de xénero no rural.
O seu traballo combina acción, incidencia e transformación real: deseñando programas de empregabilidade, impulsando o emprendemento feminino, tecendo redes e poñendo no centro ás mulleres que historicamente quedaron á marxe.
Pero sobre todo, leva décadas vendo o que outras apenas empezan a nomear: que o sistema non é neutro.
Na súa participación en Alza Voz de Muller, porá luz sobre iso que tantas veces non se ve:
👉 As barreiras invisibles que atravesan as mulleres, especialmente no rural
👉 As desigualdades estruturais no acceso a oportunidades e recursos
👉 E a importancia de crear redes e alternativas propias para sosterse e medrar
Porque non todas partimos do mesmo lugar.
E mentres non o entendamos, non haberá igualdade real.
Se queres comprender o que hai detrás do que che pasa…
esta conversa é para ti.
💥 Alza Voz de Muller é conciencia, rede e transformación colectiva.
📍Vimianzo
🗓 8 e 9 de maio
✨ Inscricións abertas
🔗 Apúntate en www.alzavozdemuller.com ou no link da bio
Proxecto promovido polo @concellovimianzo e a @depucoruna
#AlzaVozDeMuller #LideradoFeminino #MulleresQueLideran #EmprendementoFeminino RedeDeMulleres CostaDaMorte Rural Igualdade DesenvolvementoPersoal