Noticias e alertas

PATRIMONIO I 🌿 Nesta semana o noso patrimonio volveu encherse de vida coa visita do alumnado do IES Terra de Xallas (Sa...

11/04/2026

PATRIMONIO I 🌿 Nesta semana o noso patrimonio volveu encherse de vida coa visita do alumnado do IES Terra de Xallas (Santa Comba).
Entre os Batáns e o Castelo de Vimianzo, a historia non só se contou… vivíuse. A través dunha visita guiada chea de curiosidades e dun xogo de pistas no castelo, as e os participantes mergulláronse nun percorrido onde a cultura, a natureza e a imaxinación foron da man.
Ver o entusiasmo, as preguntas e a sorpresa nos seus ollos recórdanos por que é tan importante coidar e compartir o que somos.
Grazas por facer do noso patrimonio un espazo vivo, emocionante e compartido. 💚
📩 Os centros educativos interesados en realizar estas experiencias poden contactar con nós en: turismo@vimianzo.gal
#Vimianzo #PatrimonioVivo #Batáns #CasteloDeVimianzo #VimianzoPatrimonio
Patrimonio da Deputación da Coruña

Máis información

Cerrar [X]Uso de cookies

Utilizamos cookies propias y de terceros para mejorar nuestros servicios y recopilar datos estadísticos sobre hábitos de navegación. El uso de cookies es necesario para la notificación de incidencias. Si continúa navegando, consideramos que acepta su uso. Puede obtener más información, o bien conocer cómo cambiar la configuración, en nuestra Política de cookies