Noticias y alertas

Agora que remata o ano e pechamos os números do exercicio de 2025, é importante facer unha análise da situación da xesti...

22/12/2025

Agora que remata o ano e pechamos os números do exercicio de 2025, é importante facer unha análise da situación da xestión do lixo no noso concello ⤵️:
👉 O custo anual do servizo de recollida e tratamento dos residuos ascendeu no 2025 a 600.948 €.
Esta realidade responde, en parte, a que o canon de Sogama pasou de 96,85 €/tonelada no 2024 a 118,80 €/tonelada no 2025 (incrementando, así pois, 21,95 euros a tonelada).
👉 Pola contra, os ingresos pola taxa do lixo quedan só en 175.102 €.
Isto xera un déficit de ➖ 425.846 €, unha cantidade que teñen que asumir as arcas municipais e que limita moito o orzamento dispoñible para outros investimentos.
É importante saber, ter en conta e actuar en consonancia con que ⤵️:
👉 As facturas de SOGAMA incrementan canto peor se separan e xestionan os residuos.
👉 Os múltiples avisos por abandono de residuos en camiños e estradas e outras verteduras incontroladas tamén teñen un impacto económico moi elevado ao que hai que facer fronte cando Vimianzo conta cun punto limpo no #ParqueEmpresarial gratuíto.
👉 A taxa actual non cobre o custo real do servizo, xa que a última actualización da ordenanza foi no 2007. No que respecta ás vivendas, o recibo anual do servizo son 29,70 euros no rural e 55,20 no centro urbano.
👉 Por lei estamos obrigados a que as taxas cubran a totalidade do custe do servizo de residuos e que este non sexa deficitario.
Agradecemos a vosa comprensión para que entre todos e todas poidamos facer que a situación mellore e a repercusión sexa menor.

Más Información

Cerrar [X]Uso de cookies

Utilizamos cookies propias y de terceros para mejorar nuestros servicios y recopilar datos estadísticos sobre hábitos de navegación. El uso de cookies es necesario para la notificación de incidencias. Si continúa navegando, consideramos que acepta su uso. Puede obtener más información, o bien conocer cómo cambiar la configuración, en nuestra Política de cookies