14/01/2022
AVISO | 📣 O Concello de Vimianzo é incluído como zona de especial vixiancia por mor do virus da influenza aviaria.
ℹ Para evitar a proliferación da enfermidade entre as aves establécense as seguintes medidas:
🐓 Prohíbese a cría de aves ao aire libre e nos casos nos que isto non fose posible, deberán encerrarse con redes ou outros dispositivos que impidan o seu contacto coas aves salvaxes.
🦆 Prohíbese a a cría de parrulos, ocas e gansos xunto con outras especies de aves de curral.
❌ Queda restrinxido o uso de reclamos de caza con aves do tipo anátidas e charadriiformes.
📝 É obrigatorio rexistrar todos os galiñeiros familiares de autoconsumo no Rexistro Galego de Explotacións Avícolas.
🚱 Prohíbese suministrar ás aves de curral auga a cuxa orixe puideran ter accedido aves silvestres, salvo que sufrira un tratamento de hixienización.
💧 Os depósitos de auga de subministro para as aves domésticas, que puidera haber no exterior, deberán estar protexidos para evitar o acceso das aves silvestres.
Máis información: https://bit.ly/3rbZ3ak
Cerrar [X]Uso de cookies
Utilizamos cookies propias y de terceros para mejorar nuestros servicios y recopilar datos estadísticos sobre hábitos de navegación. El uso de cookies es necesario para la notificación de incidencias. Si continúa navegando, consideramos que acepta su uso. Puede obtener más información, o bien conocer cómo cambiar la configuración, en nuestra Política de cookies