Noticias e alertas

MELLORAS | 🚧 O Concello de Vimianzo concluíu as obras de pavimentación e posta en valor do acceso ao muíño de Mareas (t...

01/11/2025

MELLORAS | 🚧 O Concello de Vimianzo concluíu as obras de pavimentación e posta en valor do acceso ao muíño de Mareas (tamén coñecido como muíño da Arcea).
✅ Os traballos, que contaron cun orzamento de 195.470,14 euros, consistiron na pavimentación do camiño de acceso dende a estrada provincial DP-1603 ata o muíño, que ata o de agora presentaba un estado irregular.
Tamén se instalou novo mobiliario e 💡 iluminación axeitada e uniforme ao longo de toda a plataforma. Ademais, acondicionouse unha zona de estancia dende a que se poden 👀 contemplar as fermosas vistas á ría e á illa do Forno do Sapo.
👉 A actuación foi financiada ao abeiro dunha axuda da consellería do Mar para Estratexias de desenvolvemento local participativo ao GALP Costa da Morte.

Máis información

Cerrar [X]Uso de cookies

Utilizamos cookies propias y de terceros para mejorar nuestros servicios y recopilar datos estadísticos sobre hábitos de navegación. El uso de cookies es necesario para la notificación de incidencias. Si continúa navegando, consideramos que acepta su uso. Puede obtener más información, o bien conocer cómo cambiar la configuración, en nuestra Política de cookies