Noticias e alertas

BENESTAR I Un programa pensado para acompañarte desde onde estás ata onde che gustaría chegar. RE-INVENTÁNDONOS ofrece u...

27/07/2026

BENESTAR I Un programa pensado para acompañarte desde onde estás ata onde che gustaría chegar.
RE-INVENTÁNDONOS ofrece un itinerario personalizado para mulleres que precisan apoio para mellorar a súa situación persoal, social ou laboral.
Ao longo do programa traballaremos aspectos como:
✔ O fortalecemento persoal e emocional
✔ A recuperación da confianza e da autonomía
✔ A orientación social, laboral e formativa
✔ A definición de obxectivos e proxectos de futuro
✔ A promoción da igualdade e a prevención das violencias machistas
Non se trata de marcar un único camiño.
Trátase de acompañar a cada muller na construción do seu propio.
📍 Concello de Vimianzo
📍De xullo a setembro de 2026
📍 Inscricións a través dos Servizos Sociais ao número 694305026
Programa financiado pola Consellería de Política Social e Igualdade da Xunta de Galicia e cofinanciado pola Unión Europea a través do Fondo Social Europeo Plus (FSE+).
#ReInventándonos #Vimianzo #Igualdade #Mulleres #Empoderamento
#BenestarEmocional #InclusiónSocial #FSEPlus

Máis información

Cerrar [X]Uso de cookies

Utilizamos cookies propias y de terceros para mejorar nuestros servicios y recopilar datos estadísticos sobre hábitos de navegación. El uso de cookies es necesario para la notificación de incidencias. Si continúa navegando, consideramos que acepta su uso. Puede obtener más información, o bien conocer cómo cambiar la configuración, en nuestra Política de cookies