Noticias e alertas

DEPORTES I 🏹 Parabéns ao Club Dousxsetenta por unha brillante Liga Galega de Aire Libre 2026! O Concello de Vimianzo fe...

15/07/2026

DEPORTES I 🏹 Parabéns ao Club Dousxsetenta por unha brillante Liga Galega de Aire Libre 2026!
O Concello de Vimianzo felicita ao club polo histórico subcampionato galego por clubs e a todos os seus arqueiros e arqueiras polos excelentes resultados acadados.
Moita sorte no Campionato de España e... feliz verán! ☀️👏
#VimianzoDeportes #Vimianzo #TiroConArco
🏹 Remata a Liga Galega de Aire Libre 2026... e non podemos estar máis orgullosos do conseguido!
Entre todos os clubs participantes, o Club Dousxsetenta remata a competición como o 2º mellor club de Galicia, só por detrás de Meigarco, un auténtico referente do tiro con arco galego.
Un resultado que nos enche de orgullo e que confirma o gran momento que está a vivir o club. Este subcampionato galego por resultados é o premio ao traballo diario, á constancia dos nosos arqueiros e arqueiras, ao apoio das familias e ao esforzo de todas as persoas que forman parte desta pequena gran familia.
A nivel individual tamén tivemos unha tempada para lembrar:
🥇 Yago Rellán proclamouse campión da Liga Galega Sub-15, ademais de acadar o subcampionato na categoría Sub-18, competindo con deportistas de maior idade.
🥈 Nico Soto conseguiu o subcampionato galego Sub-15, confirmando o enorme nivel da nosa canteira.
🥉 Antía Rey subiu ao podio cun magnífico 3º posto na categoría Alevín Unificada.
🥇 Paula Vázquez proclamouse campioa da Liga Galega Sub-21.
🥉 Adoración Lavandeira logrou un meritorio 3º posto na categoría 50+ feminina.
Tamén queremos destacar o gran papel do resto dos nosos representantes:
🏹 Antón García, 5º clasificado en Sub-15.
🏹 Ángel Suárez, 6º en Alevín.
🏹 Eric Lavandeira, 8º en Alevín.
🏹 José Vázquez, 9º en Senior.
🏹 Manuel Soto, 11º en Senior.
🏹 Enrique Rellán... oficialmente desaparecido da clasificación da Federación 🤣, pero ben sabemos todos que tamén formou parte deste éxito.
🏹 Víctor Santos, 8º en 50+.
Os resultados por equipos tamén falan do excelente nivel do club:
🥇 Campións de Galicia por equipos en Sub-15.
🥈 Subcampións galegos por equipos en Alevín Unificado.
🥉 3º posto por equipos na categoría 50+.
Pechamos así unha Liga Galega inesquecible, cun resultado histórico para o noso club: 2º mellor equipo de Galicia e presenza nos podios de practicamente todas as categorías nas que competimos.
Agora toca afrontar o gran reto da tempada: o Campionato de España, onde varios dos nosos arqueiros defenderán as cores do club coa mesma ilusión e ganas que demostraron durante toda a liga.
Parabéns a todos e todas por facer posible unha tempada para o recordo 👏🏹
E un agradecemento moi especial a Gerca Acero y Metal e ao Concello de Vimianzo, que continúan ao noso carón apoiando o noso proxecto e facendo posible que sigamos medrando e levando o nome de Vimianzo por toda Galicia e por toda España.
#VimianzoDeportes #TiroConArco

Máis información

Cerrar [X]Uso de cookies

Utilizamos cookies propias y de terceros para mejorar nuestros servicios y recopilar datos estadísticos sobre hábitos de navegación. El uso de cookies es necesario para la notificación de incidencias. Si continúa navegando, consideramos que acepta su uso. Puede obtener más información, o bien conocer cómo cambiar la configuración, en nuestra Política de cookies