BENESTAR I 💜 RE-INVENTÁNDONOS chega a Vimianzo
Hai momentos nos que todas necesitamos apoio para seguir avanzando.
Un cambio importante na vida.
Unha situación familiar complicada.
Dificultades para acceder ao emprego.
Falta de apoio ou de recursos para afrontar novos retos...
RE-INVENTÁNDONOS é un programa do Concello de Vimianzo dirixido a mulleres que atravesan circunstancias persoais, sociais ou laborais que lles dificultan avanzar cara aos seus obxectivos.
A través dun acompañamento individualizado, cada participante poderá identificar as súas necesidades, fortalecer as súas capacidades e construír un plan de acción adaptado á súa realidade.
Porque cada muller ten unha historia diferente.
E cada proceso merece un acompañamento propio.
👉 Atención social
👉 Orientación laboral e formativa
👉Desenvolvemento persoal e emocional
👉Prevención das violencias machistas
👉 Sesións individuais e grupais
👉Actividades de lecer e autocoidado
Un espazo para acompañarte, recuperar a confianza e avanzar cara aos teus obxectivos persoais e profesionais.
📍Concello de Vimianzo
📆De xullo a setembro de 2026
📞 Inscricións nos Servizos Sociais Municipais a través no número 694305026.
Programa financiado pola Consellería de Política Social e Igualdade da Xunta de Galicia e cofinanciado pola Unión Europea a través do Fondo Social Europeo Plus (FSE+).
#ReInventándonos #Vimianzo #Igualdade #Mulleres #Empoderamento #BenestarEmocional #InclusiónSocial #FSEPlus