Noticias e alertas

VIMIVERÁN I 🌞 Arranca a segunda quenda de Vimiverán 2026! As crianzas gozarán durante as próximas semanas de VimiDeport...

06/07/2026

VIMIVERÁN I 🌞 Arranca a segunda quenda de Vimiverán 2026!
As crianzas gozarán durante as próximas semanas de VimiDeporte e VimiAstronomía no Pavillón Municipal, mentres que VimiInformática se desenvolverá na aula CEMIT da Casa da Cultura. En Baíñas continúa tamén VimiAventura, levando a conciliación e o lecer educativo ás parroquias.
🔭 Ademais, a eclipse solar total de 2026 seguirá sendo o fío condutor desta edición, con actividades adaptadas para achegar á rapazada ao fascinante mundo da astronomía e á observación segura do ceo.
Desexámosvos unha quenda chea de experiencias, amizade e moita diversión!
#Vimiverán2026 #VimiDeporte #VimiAstronomía #Vimianzo #Eclipse2026 #VimiAventura #Baíñas

Máis información

Cerrar [X]Uso de cookies

Utilizamos cookies propias y de terceros para mejorar nuestros servicios y recopilar datos estadísticos sobre hábitos de navegación. El uso de cookies es necesario para la notificación de incidencias. Si continúa navegando, consideramos que acepta su uso. Puede obtener más información, o bien conocer cómo cambiar la configuración, en nuestra Política de cookies