Noticias e alertas

DEPORTES I 🌿🚶‍♀️ Laxe e Vimianzo continúan a poñer en valor os Penedos de Pasarela e Traba cunha andaina guiada A ruta...

06/07/2026

DEPORTES I 🌿🚶‍♀️ Laxe e Vimianzo continúan a poñer en valor os Penedos de Pasarela e Traba cunha andaina guiada
A ruta polos Penedos de PAsarela e Traba , incluída na programación de Recunchos 2026, celebrarase o sábado 11 de xullo e estará guiada polo xeólogo Xan Fernández Carrera, quen achegará ás persoas participantes as claves para comprender a riqueza xeolóxica, paisaxística e natural deste enclave.
A saída terá lugar ás 9:30 horas desde o cruce do Bañal e o percorrido, de 5,4 quilómetros, desenvolverase polo concello de Laxe. A chegada está prevista arredor das 14:00 horas no mesmo punto de inicio.
📢As inscricións permanecerán abertas ata o xoves 9 de xullo a través da seguinte ligazón: https://forms.gle/6opuxtUhrfNwgp777 ou nas páxinas web dos concellos de Vimianzo e Laxe.

Máis información

Cerrar [X]Uso de cookies

Utilizamos cookies propias y de terceros para mejorar nuestros servicios y recopilar datos estadísticos sobre hábitos de navegación. El uso de cookies es necesario para la notificación de incidencias. Si continúa navegando, consideramos que acepta su uso. Puede obtener más información, o bien conocer cómo cambiar la configuración, en nuestra Política de cookies