Noticias y alertas

ASALTO I 🏰 Remata unha nova edición Asalto ao Castelo de Vimianzo e, desde o Concello de Vimianzo, queremos expresar o...

06/07/2026

ASALTO I 🏰 Remata unha nova edición Asalto ao Castelo de Vimianzo e, desde o Concello de Vimianzo, queremos expresar o noso máis sincero agradecemento a todas as persoas, colectivos e entidades que contribuíron ao éxito desta gran celebración.
O noso recoñecemento ás entidades Cherinkas e AXVALSO, pola súa implicación e compromiso na organización dunha festa que é xa un símbolo de Vimianzo 🫶
Grazas tamén ás persoas voluntarias, ás asociacións, aos grupos de recreación histórica, aos artistas, ás artesás e artesáns, ao persoal municipal e técnico, aos servizos de emerxencias e seguridade, aos medios de comunicación, ao comercio e á hostalaría local, e a todas aquelas persoas que, co seu traballo e dedicación, fixeron posible que o Asalto volvese ser un éxito.
Queremos agradecer igualmente o apoio da Deputación da Coruña e Axencia Galega das Industrias Culturais da Xunta de Galicia, cuxa colaboración resulta fundamental para seguir consolidando esta cita como un referente cultural, histórico e turístico.
E, por suposto, grazas ás milleiras de persoas que escollestes Vimianzo para vivir connosco esta fin de semana. A vosa participación, entusiasmo e respecto pola festa son o que lle dá sentido ao Asalto ao Castelo.
Despedimos esta XXIX edición coa vista posta xa na vindeira. Vémonos no 2027! 🔥🔥⚔️🏰

Más Información

Cerrar [X]Uso de cookies

Utilizamos cookies propias y de terceros para mejorar nuestros servicios y recopilar datos estadísticos sobre hábitos de navegación. El uso de cookies es necesario para la notificación de incidencias. Si continúa navegando, consideramos que acepta su uso. Puede obtener más información, o bien conocer cómo cambiar la configuración, en nuestra Política de cookies