Noticias e alertas

EMPREGO I O alumnado do Obradoiro de Emprego 2026 CAMUVI Forestal participou o pasado 1 de xullo na xornada "Emprende b...

03/07/2026

EMPREGO I O alumnado do Obradoiro de Emprego 2026 CAMUVI Forestal participou o pasado 1 de xullo na xornada "Emprende baixo a fórmula da economía social".
Da man de Álex Pereira, mentor, consultor e formador, as persoas participantes achegáronse ao mundo da economía social e do cooperativismo, coñecendo as súas características, vantaxes e as oportunidades que ofrecen como fórmulas de emprendemento. Ademais, descubriron os recursos e ferramentas dispoñibles para impulsar proxectos baixo este modelo empresarial baseado na cooperación, a participación e o compromiso co territorio.
🤝 Esta actividade enmárcase no programa da Rede Eusumo, impulsado pola Dirección Xeral de Traballo Autónomo e Economía Social da Consellería de Emprego, Comercio e Emigración, e conta co financiamento do Ministerio de Traballo e Economía Social.
📲 Máis información en: www.eusumo.gal
#ObradoiroDeEmprego #CAMUVIForestal #EconomíaSocial #Cooperativismo #RedeEusumo #Emprendemento #Formación #Emprego

Máis información

Cerrar [X]Uso de cookies

Utilizamos cookies propias y de terceros para mejorar nuestros servicios y recopilar datos estadísticos sobre hábitos de navegación. El uso de cookies es necesario para la notificación de incidencias. Si continúa navegando, consideramos que acepta su uso. Puede obtener más información, o bien conocer cómo cambiar la configuración, en nuestra Política de cookies