Noticias e alertas

DEPORTES I 🎯 Parabéns a Nico Soto e Yago Rellán polo excelente papel realizado no Gran Premio Promesas Iberdrola e no C...

29/06/2026

DEPORTES I 🎯 Parabéns a Nico Soto e Yago Rellán polo excelente papel realizado no Gran Premio Promesas Iberdrola e no Campionato de España de Seleccións Autonómicas en Idade Escolar.
É un orgullo ver como deportistas de Vimianzo continúan levando o nome do noso concello ao máis alto nivel, demostrando talento, esforzo e compromiso en cada competición.
Desde o Concello de Vimianzo queremos felicitar tamén ao Club Dousxsetenta tiro con arco polo gran traballo que realiza coa canteira e desexarlles moita sorte no vindeiro Campionato de España de Aire Libre.
Noraboa e moitos éxitos! 👏🏹
🏹 Gran fin de semana en Madrid para os nosos arqueiros!
Nico Soto e Yago Rellán desprazáronse esta fin de semana ata Madrid para participar en dúas das citas máis importantes da temporada: o Gran Premio Promesas Iberdrola e o Campionato de España de Seleccións Autonómicas en Idade Escolar (CESA).
🎯 No Gran Premio Promesas Iberdrola, ambos demostraron que están preparados para competir de ti a ti cos mellores arqueiros do panorama nacional.
No round clasificatorio, Nico acadou a 8ª posición e Yago a 9ª, o que lles permitiu acceder ás eliminatorias nos postos de cabeza. Nos dezaseisavos de final, os dous superaron con autoridade aos seus rivais, pero o cadro de competición quixo que se enfrontasen entre eles nos oitavos de final. Nun duelo moi igualado, Yago conseguiu a clasificación para os cuartos de final.
Xa entre os oito mellores da competición, Yago disputou unha gran eliminatoria fronte a Daniel Romero, un dos grandes favoritos ao título, cedendo por unha marxe moi axustada. O arqueiro andaluz acabaría proclamándose campión do torneo.
🏹 Na xornada do CESA, Nico e Yago volveron vestir as cores da Selección Galega por segundo ano consecutivo, formando equipo con Paula, do Club Arco Narón, e Emma, do Águilas Verdes.
O combinado galego completou un excelente round clasificatorio, conseguindo a cuarta mellor puntuación da competición. Na fase de grupos, Galicia impúxose ás seleccións de Navarra e Illas Baleares, logrando o primeiro posto do Grupo B e o pase aos cuartos de final.
Xa na xornada do domingo, a selección galega enfrontouse a Valencia nunha eliminatoria moi disputada. A pesar de ter opcións durante o encontro, foi finalmente o combinado valenciano quen conseguiu a vitoria, poñendo fin á participación galega.
👏 Máis alá dos resultados, esta fin de semana deixa unhas sensacións moi positivas. Nico e Yago volveron demostrar que poden competir ao máximo nivel nacional e continúan dando pasos adiante na súa progresión deportiva.
💪 Agora toca seguir traballando con ilusión e confianza para afrontar o gran obxectivo da temporada: o Campionato de España de Aire Libre, que se celebrará do 29 ao 31 de xullo en Madrid.
Parabéns aos dous polo gran traballo realizado! 👏🏹
Gerca Acero y Metal
Concello de Vimianzo
#ClubDousxsetenta #TiroConArco #ArcoRecurvo #GranPremioPromesas #CESA2026 #SeleccionGalega #Vimianzo

Máis información

Cerrar [X]Uso de cookies

Utilizamos cookies propias y de terceros para mejorar nuestros servicios y recopilar datos estadísticos sobre hábitos de navegación. El uso de cookies es necesario para la notificación de incidencias. Si continúa navegando, consideramos que acepta su uso. Puede obtener más información, o bien conocer cómo cambiar la configuración, en nuestra Política de cookies