Noticias e alertas

LEGUA I Coraxe Irmandiña Tamara 🔥🥰Un dos momentos máis emocionantes da X Legua Irmandiña ❤️ Hai instantes que van moit...

28/06/2026

LEGUA I Coraxe Irmandiña Tamara 🔥🥰
Un dos momentos máis emocionantes da X Legua Irmandiña ❤️
Hai instantes que van moito máis alá do cronómetro. Este foi un deles.
Durante a entrega de premios tivemos a honra de recoñecer a Tamara Quintana co noso Premio á Superación, acompañada da súa adestradora e guía, Banesa Atan Rodriguez .
Enchémonos de orgullo ao saber que o seu primeiro gran reto deportivo foi precisamente a Legua Irmandiña, superando por primeira vez esta distancia e cruzando a meta situada aos pés do Castelo de Vimianzo. Unha meta que simboliza esforzo, valentía e ilusión.
Toda a organización quixo poñer en valor a súa coraxe, a súa capacidade de superación e o exemplo que representa para todos nós. Porque hai vitorias que non se miden en segundos, senón en determinación e ganas de seguir adiante.
💚 Grazas, Tamara, por inspirarnos. E grazas tamén a Banesa por acompañala e facer posible este camiño.
📸 Fotos: Antonio González Franco Antonio González Franco
#premiohonorífico #leguairmandiña #asaltoaocastelo #costadamorte #running Asalto ao Castelo de Vimianzo A.C. Cherinkas Concello de Vimianzo

Máis información

Cerrar [X]Uso de cookies

Utilizamos cookies propias y de terceros para mejorar nuestros servicios y recopilar datos estadísticos sobre hábitos de navegación. El uso de cookies es necesario para la notificación de incidencias. Si continúa navegando, consideramos que acepta su uso. Puede obtener más información, o bien conocer cómo cambiar la configuración, en nuestra Política de cookies