Noticias e alertas

FESTIVAL ATLANTICA I ✨ Neste solpor, o Castelo de Vimianzo encheuse de palabra, memoria e emoción. O Festival Atlántica...

26/06/2026

FESTIVAL ATLANTICA I ✨ Neste solpor, o Castelo de Vimianzo encheuse de palabra, memoria e emoción.
O Festival Atlántica deu comezo en Vimianzo da man de María da Pontragha e do seu espectáculo Donas do lugar, unha fermosa viaxe pola tradición oral e polas historias que forman parte da nosa memoria colectiva.
Parabéns e grazas, María, por regalarnos unha sesión tan especial e por facer da palabra un lugar de encontro.
Grazas tamén ao público que nos acompañou neste primeiro serán do festival. Seguimos desfrutando da maxia dos contos nos vindeiros días.
#FestivalAtlántica #Vimianzo #NarraciónOral #Cultura #TradiciónOral #CostaDaMorte

Máis información

Cerrar [X]Uso de cookies

Utilizamos cookies propias y de terceros para mejorar nuestros servicios y recopilar datos estadísticos sobre hábitos de navegación. El uso de cookies es necesario para la notificación de incidencias. Si continúa navegando, consideramos que acepta su uso. Puede obtener más información, o bien conocer cómo cambiar la configuración, en nuestra Política de cookies