Noticias y alertas

CONECTANDO CORAZÓNS I 📚 A Escola Infantil Municipal Os Vimianziños acolleu a presentación do conto “Por que se lle rev...

23/06/2026

CONECTANDO CORAZÓNS I 📚 A Escola Infantil Municipal Os Vimianziños acolleu a presentación do conto “Por que se lle revirou o peteiro á curuxa Maruxa?”, escrito polo psicólogo municipal Sergio Trillo e ilustrado por Laura Suárez.
No acto participaron a alcaldesa de Vimianzo, a concelleira de Benestar Social e o propio autor, quen compartiu cos nenos e nenas a historia de Maruxa e os valores que transmite.
Esta publicación enmárcase dentro do Plan Municipal de Loita contra a Soidade Non Desexada, unha iniciativa coa que o Concello de Vimianzo busca promover o benestar emocional, o acompañamento e a creación de vínculos sociais en todas as etapas da vida. Neste sentido, considérase fundamental achegar tamén esta realidade aos máis pequenos e pequenas, fomentando desde a infancia valores como a empatía, a amizade, a inclusión e o coidado das relacións persoais.
A través dunha linguaxe adaptada á infancia e dunha historia entrañable, este conto convértese nunha ferramenta educativa para traballar emocións e fortalecer os lazos comunitarios desde as primeiras idades 💛
#Vimianzo #ConectandoCorazóns #SoidadeNonDesexada

Más Información

Cerrar [X]Uso de cookies

Utilizamos cookies propias y de terceros para mejorar nuestros servicios y recopilar datos estadísticos sobre hábitos de navegación. El uso de cookies es necesario para la notificación de incidencias. Si continúa navegando, consideramos que acepta su uso. Puede obtener más información, o bien conocer cómo cambiar la configuración, en nuestra Política de cookies