PREMIOS PEL I 🏆 A Deputación da Coruña celebrou a entrega dos Premios PEL 2026, uns galardóns que recoñecen o esforzo, a innovación e a capacidade emprendedora do tecido empresarial da provincia.
A alcaldesa de Vimianzo e deputada provincial participou neste acto, no que foron premiadas iniciativas que destacan polo seu compromiso coa creación de riqueza, emprego e oportunidades no territorio.
Desde o Concello de Vimianzo queremos felicitar a todas as persoas, empresas e proxectos galardoados nesta edición: Nubeiro Labs, Que Pasa na Costa, Enzicas Bio, Frouma Atlantic Wood e Queizuar, así como os proxectos distinguidos cos diferentes accésits desta edición, entre eles Grupo Chévere.
Desde o Concello de Vimianzo queremos trasladar os nosos parabéns a todas as persoas, empresas e entidades recoñecidas. De maneira especial, felicitamos a Ubaldo Qpc e a todo o equipo de Que Pasa na Costa polo premio recibido, un recoñecemento ao seu labor constante informando e dando voz á Costa da Morte e, de forma moi destacada, á actualidade de Vimianzo.
👏 Grazas por contribuír a visibilizar o noso territorio, as súas iniciativas e a súa xente.
Parabéns a todas e todos!
#Vimianzo #DeputaciónDaCoruña #PremiosPEL2026 #Emprendemento