Noticias e alertas

MOSTRA ARTESANÍA I 🏰 O Castelo de Vimianzo acolleu esta mañá o acto de baixada do pendón dos Moscoso, dando comezo ofic...

18/06/2026

MOSTRA ARTESANÍA I 🏰 O Castelo de Vimianzo acolleu esta mañá o acto de baixada do pendón dos Moscoso, dando comezo oficialmente ao Período Irmandiño e á conta atrás para unha nova edición do Asalto ao Castelo, que se celebrará os días 3 e 4 de xullo 🔥
A alcaldesa de Vimianzo, Mónica Rodríguez, e o deputado de Patrimonio da Deputación da Coruña, Xosé Lois Penas, foron os encargados de inaugurar a nova tempada da Mostra de Artesanía en Vivo, que poderá visitarse ata o 15 de setembro.
A xornada serviu tamén para abrir ao público a exposición O liño ten futuro?, promovida pola Asociación Amigos do Liño, e para poñer en valor este patrimonio a través dun desfile de complementos elaborados en liño e dunha demostración do seu proceso tradicional de elaboración.
Desde o Concello de Vimianzo queremos agradecer a implicación da Asociación Amigos do Liño e da súa presidenta, Carmen Riveiro, así como de todas as persoas que participaron no desfile e nas demostracións do proceso do liño, de Teté Teatro, da Meiga do Castelo e de todas aquelas que contribuíron ao éxito desta xornada. 🫶
#Vimianzo #CasteloDeVimianzo #AsaltoAoCastelo #MostraDeArtesaníaEnVivo
Patrimonio da Deputación da Coruña

Máis información

Cerrar [X]Uso de cookies

Utilizamos cookies propias y de terceros para mejorar nuestros servicios y recopilar datos estadísticos sobre hábitos de navegación. El uso de cookies es necesario para la notificación de incidencias. Si continúa navegando, consideramos que acepta su uso. Puede obtener más información, o bien conocer cómo cambiar la configuración, en nuestra Política de cookies