Noticias e alertas

EMPREGO I 🌲🪚 Hoxe inauguramos na Casa da Cultura de Vimianzo o Obradoiro de Emprego CAMUVI FORESTAL 2026, un proxecto...

16/06/2026

EMPREGO I 🌲🪚 Hoxe inauguramos na Casa da Cultura de Vimianzo o Obradoiro de Emprego CAMUVI FORESTAL 2026, un proxecto promovido conxuntamente polos concellosde Vimianzo, Camariñas e Muxía e financiado pola Xunta de Galicia.
A alcaldesa de Vimianzo, Mónica Rodríguez, deu a benvida ao alumnado e ás autoridades participantes nun acto no que tamén estiveron presentes a alcaldesa de Camariñas, Sandra Insua; o alcalde de Muxía, Javier Sar; e a delegada territorial da Xunta de Galicia na Coruña, Belén María do Campo Piñeiro.
O programa, que conta cun investimento de 501.552 euros, permitirá formar e empregar persoas desempregadas nas especialidades de:
🌲 Actividades auxiliares en conservación e mellora de montes.
🧹 Limpeza en espazos abertos e instalacións industriais.
🪚 Montaxe de mobles e elementos de carpintaría.
Desde o Concello de Vimianzo desexámoslles moita sorte ás persoas participantes nesta nova etapa, na que combinarán formación e experiencia laboral para mellorar a súa cualificación profesional e as súas oportunidades de emprego.
🤝 Un proxecto de colaboración entre administracións para seguir construíndo futuro na Costa da Morte.
Concello de Camariñas
Concello de Muxía
Xunta de Galicia
#Vimianzo #CAMUVIForestal2026 #ObradoiroDeEmprego #Formación #Emprego #CostaDaMorte

Máis información

Cerrar [X]Uso de cookies

Utilizamos cookies propias y de terceros para mejorar nuestros servicios y recopilar datos estadísticos sobre hábitos de navegación. El uso de cookies es necesario para la notificación de incidencias. Si continúa navegando, consideramos que acepta su uso. Puede obtener más información, o bien conocer cómo cambiar la configuración, en nuestra Política de cookies