DEPORTESI 🏹💙 Parabéns a Nico Soto e Yago Rellán pola súa convocatoria coa Seleción Galega para participar no Campionato de España de Seleccións Autonómicas en Idade Escolar.
Un orgullo para Vimianzo ver como o esforzo e a constancia teñen recompensa. Parabéns tamén ao club Dousxsetenta tiro con arco polo gran traballo que vén desenvolvendo coa canteira.
Moita sorte nesta nova experiencia defendendo as cores de Galicia! 🍀
#OrgulloVimiancés #Vimianzo
🏹 Dobre convocatoria para a Selección Galega! 💙🤍
Temos unha gran noticia para compartir! 🎉
Os nosos arqueiros Nico Soto e Yago Rellán veñen de recibir a convocatoria da Federación Galega de Tiro con Arco para representar a Galicia no Campionato de España de Seleccións Autonómicas en Idade Escolar (CESA), na categoría U15. 🏹
🔝 Esta convocatoria chega despois dos excelentes resultados acadados na Liga Galega de Aire Libre, onde actualmente ocupan o 1º e o 2º posto do ranking galego U15.
👏 Ademais, será o segundo ano consecutivo no que ambos forman parte da selección galega, un recoñecemento ao seu traballo, constancia e progresión deportiva.
🥉 Nico e Yago xa saben o que é subir ao podio cunha selección autonómica, xa que o pasado mes de febreiro conquistaron a medalla de bronce coa Selección Galega no Campionato de España de Sala celebrado en Valladolid.
👥 O equipo galego U15 estará formado por un combinado mixto composto polos nosos dous arqueiros e polas dúas mellores arqueiras galegas da categoría.
📍 A competición disputarase os días 27 e 28 de xuño no Complexo Deportivo de Cantarranas da Universidade Complutense de Madrid.
💪 Aproveitando a viaxe, Nico e Yago participarán tamén no Gran Premio Promesas Iberdrola, que se celebrará nas mesmas instalacións durante esas mesmas datas.
🍀 Moita sorte aos dous nesta nova experiencia defendendo as cores de Galicia. Estamos moi orgullosos do camiño que estades a percorrer!
🏹💙🤍
Gerca Acero y Metal
Concello de Vimianzo
#ClubDousxsetenta #TiroConArco #ArcoRecurvo #FederacionGalegaDeTiroConArco #SeleccionGalega #CESA2026 #GranPremioPromesasIberdrola #Dousxsetenta #Vimianzo #CostaDaMorte