Noticias e alertas

DÍA MUNDIAL DOS OCÉANOS 2026 I 🌊 Hoxe, 8 de xuño, celebramos o Día Mundial dos Océanos, unha data para reflexionar sobr...

08/06/2026

DÍA MUNDIAL DOS OCÉANOS 2026 I 🌊 Hoxe, 8 de xuño, celebramos o Día Mundial dos Océanos, unha data para reflexionar sobre a importancia de protexer e conservar o noso mar. Aínda que, para nós, hai unha idea clara: todos os días deberían ser o Día dos Océanos. 💙
Desde Vimianzo seguimos apoiando o proxecto Aprende a través do Surfing, unha iniciativa educativa e ambiental que achega o alumnado ao mar desde o respecto, o coñecemento e o compromiso coa súa conservación.
Neste curso participaron 229 alumnas e alumnos de Vimianzo, pertencentes aos centros 🏫 :CEIP de Baiñas, IES Terra de Soneira e CEIP San Vicenzo.
Ao longo destes anos, centos de nenas, nenos e mozos e mozas participaron en actividades de sensibilización ambiental, limpeza de praias e aprendizaxe a través do surfing, descubrindo que cada xesto conta para coidar os océanos e as costas que forman parte da nosa identidade.
🙌 Grazas a todas as entidades, profesionais e centros educativos que fan posible este traballo conxunto en favor dun futuro máis sostible e comprometido co medio mariño.
💙 Porque non hai planeta azul sen océanos sans. Coidémolos hoxe e todos os días do ano.
#DíaMundialDosOcéanos #AprendeATravésDoSurfing #SurfingConValores #CoidemosOMar #Vimianzo
Aprende a través del Surfing
@surfandclean @fgsur

Máis información

Cerrar [X]Uso de cookies

Utilizamos cookies propias y de terceros para mejorar nuestros servicios y recopilar datos estadísticos sobre hábitos de navegación. El uso de cookies es necesario para la notificación de incidencias. Si continúa navegando, consideramos que acepta su uso. Puede obtener más información, o bien conocer cómo cambiar la configuración, en nuestra Política de cookies