Noticias y alertas

Dende o Concello de Vimianzo queremos felicitar ao grupo infantil Ac Trubisquiña Vimianzo polo seu brillante 1º Premio...

08/06/2026

Dende o Concello de Vimianzo queremos felicitar ao grupo infantil Ac Trubisquiña Vimianzo polo seu brillante 1º Premio na Categoría A, no concurso de Baile Tradicional Xacarandaina celebrado onte no Palacio da Ópera na Coruña.
👏Un recoñecemento ao esforzo, á dedicación e ao talento das súas integrantes.
Parabéns ás nenas, ás familias, ao equipo formador e a todas as persoas que fan posible este proxecto. Sodes un orgullo para #Vimianzo e un exemplo de como a cultura tradicional segue medrando con forza entre as novas xeracións.
💙 Moitos éxitos nos vindeiros retos!
#VimianzoCultura #ATrubisquiña #BaileTradicionalGalego
A nosa aleghría d'hoxe vai a conta destas nenas e este neno que tanto nos fan disfrutar cada semana.
Hoxe encheron de orghullo o Palacio da Ópera da Coruña bailando unha peza de Vimianzo, tocada por xente de Vimianzo, recollida ao ghran Lolo da Devesa ao que tanto lle agradecemos todo o que nos ensinou.
Moitas gracias ás familias que confían en nós, moitas gracias á nosa profe Mariña Ramos pola súa dedicación e gracias á parte musical que nunca defrauda! Gracias ao Concello de Vimianzo por cedernos as instalacións para ensaiar.
Seguiremos sementando para seguir disfrutando!
A.C. Trubisquiña

Más Información

Cerrar [X]Uso de cookies

Utilizamos cookies propias y de terceros para mejorar nuestros servicios y recopilar datos estadísticos sobre hábitos de navegación. El uso de cookies es necesario para la notificación de incidencias. Si continúa navegando, consideramos que acepta su uso. Puede obtener más información, o bien conocer cómo cambiar la configuración, en nuestra Política de cookies