Noticias y alertas

DEPORTES I 🎯 Dende o Concello queremos felicitar Dousxsetenta tiro con arco por este merecido éxito. Grazas por leva...

08/06/2026

DEPORTES I 🎯 Dende o Concello queremos felicitar Dousxsetenta tiro con arco por este merecido éxito.
Grazas por levar o nome do noso municipio con orgullo e por demostrar que o traballo, a ilusión e a constancia dan os seus froitos.
Parabéns a deportistas, corpo técnico e familias! 💙👏
🏹🥇 O Club Dousxsetenta regresa de Pontevedra con 7 medallas no Campionato Galego de Aire Libre 🥇🏹
Esta fin de semana desprazámonos ata Pontevedra para participar no Campionato Galego de Aire Libre, organizado polo Club Boa Vila. Os nosos arqueiros e arqueiras volveron demostrar o gran nivel que atravesa a nosa canteira, acadando un total de 7 medallas.
📅 Xornada do sábado
👦 Alevín Masculino
🥉 Ángel Suárez conseguiu unha fantástica medalla de bronce.
🎯 Eric Lavandeira completou unha gran actuación, rematando 5º no round clasificatorio.
👧 Alevín Feminino
🥈 Antía Rey proclamouse Subcampioa Galega, consolidándose entre as mellores arqueiras da súa idade.
👦 Sub15 Masculino
Nico Soto, Yago Rellán e Antón García protagonizaron unha das actuacións máis destacadas da fin de semana.
🔥 Nico e Yago demostraron estar nun momento de forma espectacular, rematando o round clasificatorio en 1ª e 2ª posición separados por tan só un punto. Tras superar as súas eliminatorias de cuartos e semifinais, acabaron disputando unha final íntegramente Dousxsetenta.
🥇 Nico Soto proclamouse Campión Galego Sub15.
🥈 Yago Rellán acadou o título de Subcampión Galego Sub15.
👏 Pola súa banda, Antón García asinou unha gran competición. Finalizou 5º no round clasificatorio e conseguiu a marca mínima para participar no Campionato de España, que se celebrará en Madrid no mes de xullo. Tras caer nos cuartos de final rematou nun meritorio 5º posto.
📅 Xornada do domingo
👦 Sub18 Masculino
Nico, Yago e Antón volveron competir, esta vez nunha categoría superior á súa idade, deixando patente o enorme potencial dos tres arqueiros.
🎯 A igualdade entre Nico e Yago volveu ser máxima, rematando o round clasificatorio en 1ª e 2ª posición separados por só dous puntos, mentres que Antón acadaba a 3ª posición.
Nas eliminatorias, Yago superou a Antón nas semifinais e volveu citarse con Nico nunha final que, nesta ocasión, tivo o resultado inverso ao do día anterior.
🥇 Yago Rellán proclamouse Campión Galego Sub18.
🥈 Nico Soto conseguiu o título de Subcampión Galego Sub18.
Un resultado extraordinario para dous arqueiros Sub15 competindo e dominando unha categoría superior.
👩 Categoría +50 Feminina
Dorita Lavandeira realizou unha gran competición, rematando 2ª no round clasificatorio e loitando polas medallas ata o final. Finalmente concluíu na 4ª posición.
Marisa Espasandín rematou a súa participación nunha meritoria 5ª posición.
👨 Categoría +50 Masculina
Víctor Santos alcanzou as eliminatorias, caendo en oitavos de final.
👩 Sub21 Feminino
🥈 Paula Vázquez proclamouse Subcampioa Galega. Foi a mellor no round clasificatorio e alcanzou a final, onde obtivo a medalla de prata.
👨 Categoría Absoluta
🏹 José Vázquez rematou 6º no round clasificatorio e caeu en oitavos de final.
🏹 Manuel Soto foi 13º no round e avanzou ata cuartos de final.
🏹 Enrique Rellán finalizou 18º no round clasificatorio, quedando ás portas das eliminatorias.
👏 Parabéns a todos os nosos arqueiros e arqueiras polos resultados acadados e, especialmente, a Nico, Yago e Antón, protagonistas dunha fin de semana espectacular competindo ao máximo nivel e demostrando que o futuro do tiro con arco galego tamén fala desde Vimianzo.
Coma sempre, agradecer ao club organizardor, ClClub Boa Vilaolo esforzo e o excelente trato, e a GeGerca Acero y Metal ao CoConcello de Vimianzoolo seu apoio incondicional 🏹💙💛
#TiroConArco #ClubDousxsetenta #CampionatoGalego #AireLibre #ArcoVimianzo #DeporteBase #Vimianzo #Galicia

Más Información

Cerrar [X]Uso de cookies

Utilizamos cookies propias y de terceros para mejorar nuestros servicios y recopilar datos estadísticos sobre hábitos de navegación. El uso de cookies es necesario para la notificación de incidencias. Si continúa navegando, consideramos que acepta su uso. Puede obtener más información, o bien conocer cómo cambiar la configuración, en nuestra Política de cookies