Noticias y alertas

DEDORTES I ⚽️ Vimianzo foi esta fin de semana a capital do fútbol base coa celebración do I Torneo Internacional Camiño...

08/06/2026

DEDORTES I ⚽️ Vimianzo foi esta fin de semana a capital do fútbol base coa celebración do I Torneo Internacional Camiño dos Faros.
Desde o Concello queremos agradecer aos organizadores e aos clubs participantes por escoller a nosa vila para acoller unha cita deportiva que reuniu canteiras de gran nivel e que contribuíu a situar Vimianzo como referente na promoción do deporte base.
👏 Parabéns ao equipo xuvenil do CD Leganés, vencedor do torneo tras superar ao RC Celta de Vigo por 3-2 nunha emocionante final.
A entrega de trofeos contou coa presenza do tenente de alcaldesa, Víctor Muíño, quen felicitou aos equipos participantes e puxo en valor a importancia deste tipo de eventos para fomentar os valores do deporte, a convivencia e a dinamización do noso territorio.
💙 Grazas a todas as persoas que fixeron posible esta primeira edición e a quen se achegou a desfrutar dunha gran fin de semana de fútbol.
#Vimianzo #CamiñoDosFaros #FútbolBase #Deporte #VimianzoDeporte

Más Información

Cerrar [X]Uso de cookies

Utilizamos cookies propias y de terceros para mejorar nuestros servicios y recopilar datos estadísticos sobre hábitos de navegación. El uso de cookies es necesario para la notificación de incidencias. Si continúa navegando, consideramos que acepta su uso. Puede obtener más información, o bien conocer cómo cambiar la configuración, en nuestra Política de cookies