FESTUR I 📍 Remata a nosa participación en FESTUR 2026 cun balance moi positivo para a promoción de Vimianzo.
Durante estes días, o stand do Concello converteuse nun punto de encontro para dar a coñecer o noso patrimonio, a cultura, as festas, a gastronomía e os recursos turísticos que fan de Vimianzo un destino único.
🤝 A técnica de Patrimonio e Turismo, Mariví Amigo, foi a encargada de atender ás persoas visitantes, ofrecendo información e difundindo os atractivos do noso municipio entre profesionais e público chegado de distintos puntos de Galicia e doutros territorios.
🏰 Grazas a todas as persoas que se achegaron ao noso espazo para coñecer un pouco máis da nosa historia, das nosas tradicións e das experiencias que ofrece Vimianzo ao longo de todo o ano.
✨ Seguimos traballando para levar o nome de Vimianzo cada vez máis lonxe.
#Vimianzo #FESTUR2026 #TurexpoGalicia #CostaDaMorte #Turismo #Patrimonio #Cultura