DEPORTES I 🛼 Vimianzo será esta fin de semana o gran punto de encontro da patinaxe galega! 🛼
Os días 6 e 7 de xuño, o Pavillón do CEIP Baiñas acollerá a II Fase de Niveis da Coruña, unha cita deportiva que reunirá a numerosas patinadoras e patinadores nunha fin de semana chea de esforzo, ilusión e talento.
Desde o Concello de Vimianzo queremos expresar o noso agradecemento á Escola Lubiáns, á Federación Galega de Patinaxe, aos patrocinadores, ás persoas voluntarias e a todas aquelas que colaboran para facer posible a celebración desta importante competición en Baiñas.
Un recoñecemento moi especial para Flor, adestradora e alma impulsora deste proxecto, polo seu compromiso, dedicación e enorme capacidade de traballo.
Grazas polo magnífico evento celebrado a pasada fin de semana e por facer posible tamén esta nova cita deportiva, levando o nome de Baiñas e de Vimianzo por bandeira e transmitindo aos máis novos os valores do esforzo, da constancia e da ilusión.
Moita sorte a todas as participantes e que desfrutedes dunha gran fin de semana de deporte, compañeirismo e superación. 💙
#Vimianzo #Baiñas #Patinaxe #Deporte #OrgulloDeportivo 🛼🏅