FESTUR I 📍 O Concello de Vimianzo protagonizou hoxe unha nova xornada de promoción en FESTUR 2026, no marco de Turexpo Galicia, coa posta en valor das súas festas de interese turístico de Galicia, o Asalto ao Castelo e a Faguía de San Cristovo de Carnés, así como dos seus recursos patrimoniais, culturais e turísticos.
🍽️ O cociñeiro vimiancés Fabián Mouzo e Lara Alvarellos foron os encargados do showcooking celebrado nesta xornada, no que elaborou os tradicionais Callos da Faguía de Carnés e o Atún Alba Irmandiña, unha proposta inspirada na gastronomía medieval vinculada á Revolta Irmandiña.
🏰 Ao longo do día, o stand de Vimianzo serviu como punto de información e promoción do municipio, coa atención da técnica de Patrimonio e Turismo, que deu a coñecer a ampla oferta turística, cultural e patrimonial do concello ás persoas visitantes.
A xornada contou tamén coa presenza da concelleira de Turismo, Beatriz Pazos, e do concelleiro de Festas, Sergio Miñones, que participaron nesta acción de promoción do municipio na Feira Internacional de Galicia ABANCA.
#Vimianzo #FESTUR2026 #TurexpoGalicia #AsaltoAoCastelo #FaguíaDeCarnés
Visita A Costa da Morte