VIMIVERÁN I ☀️🚀 Xa está aquí o Vimiverán 2026!
Abrimos o prazo de preinscrición para unha nova edición do programa municipal de conciliación, cun verán cheo de deporte, ciencia, creatividade, patrimonio e diversión para as crianzas de Vimianzo.
🌞 Este ano temos unha novidade moi especial: a eclipse solar total do 12 de agosto de 2026 converterase no gran fío condutor de toda a programación. Ao longo do verán, as nenas e nenos descubrirán este fenómeno astronómico a través de experimentos, xogos, obradoiros e actividades adaptadas a cada idade.
🌠 VimiAstronomía
⚽ VimiDeporte
👨🍳 VimiCheff
💻 VimiInformática
🏰 VimiAsalto
🌳 VimiAventuras nas Parroquias
📅 Preinscrición: do 8 ao 12 de xuño
📍 Sede electrónica ou Casa da Cultura
🎲 Sorteo público: 15 de xuño ás 12.00 h.
Un verán para aprender, descubrir, compartir e prepararse para vivir a eclipse 🙌
#Vimiverán2026 #Vimianzo #Conciliación
#Eclipse2026 #VimiAventuras #VimiAsalto #VimiAstronomía
#Corresponsables