FESTUR I 📍Desde hoxe e ata o vindeiro 7 de xuño, o Concello de Vimianzo participa en FESTUR, a Feira de Festas de Interese Turístico de Galicia, que se celebra no marco de Turexpo Galicia, na Feira Internacional de Galicia ABANCA de Silleda.
🏰 A través do noso stand, promocionamos as nosas festas de interese turístico de Galicia, o Asalto ao Castelo e a Faguía de San Cristovo de Carnés, o patrimonio, a cultura, a gastronomía e todos os recursos que fan de Vimianzo un destino único no corazón da Costa da Morte.
🎥 Paneis informativos, material audiovisual e atención personalizada permitirán ás persoas visitantes descubrir todo o que ofrece o noso municipio baixo un lema que nos define á perfección: "Vimianzo, empeza a túa conquista"
🍽️ Mañá, venres 5 de xuño, a gastronomía será a gran protagonista coa degustación dos tradicionais Callos da Faguía de San Cristovo de Carnés e do Atún Alba Irmandiña, unha proposta creada por Fabián Mouzo inspirada nos sabores da nosa historia medieval.
💚 Porque Vimianzo non só se visita, desfrútase con todos os sentidos!
Visita A Costa da Morte
Asalto ao Castelo de Vimianzo
Turismo da Deputación da Coruña
#Vimianzo #FESTUR2026 #CostaDaMorte #AsaltoAoCastelo #FaguíaDeCarnés