Noticias e alertas

🏆 CAMPIONATO INTERCOMARCAL BENXAMÍN - VIMIANZO 🏆 Gran xornada de fútbol base a vivida nesta fase intercomarcal, na que...

30/05/2026

🏆 CAMPIONATO INTERCOMARCAL BENXAMÍN - VIMIANZO 🏆
Gran xornada de fútbol base a vivida nesta fase intercomarcal, na que os nosos rapaces volveron demostrar o seu talento, esforzo e compañeirismo.
📌 Semifinais:
✅ EMF Vimianzo - Concello de Padrón
✅ FSF Villa de Cee - EF Carnota
📌 Final:
🥇 EMF Vimianzo
🥈 FSF Villa de Cee
📌 Clasificación final:
🏆 1º EMF Vimianzo
🥈 2º FSF Villa de Cee
🥉 3º EF Carnota
🏅 4º EDC Brión
Parabéns a todos os equipos participantes polo gran nivel demostrado e, moi especialmente, aos nosos campións da EMF Vimianzo🏆 que representarán á comarca na seguinte cita provincial que terá lugar na zona de Ferrol o vindeiro 13 de xuño.
No acto de entrega de medallas estivo presente o tenente de alcaldesa, Víctor Muiño, quen felicitou a todos os xogadores e fixo entrega dos recoñecementos ao equipo campión.
🤝Desde o Concello de Vimianzo agradecemos e sentimos un enorme orgullo por estes rapaces e polo traballo que realizan día a día xunto ás súas familias e adestrador Francisco Oreiro.
Grazas por levar o nome de Vimianzo con ilusión, esforzo e deportividade.
⚽ O deporte segue a ser unha das grandes apostas de Vimianzo, non só polos éxitos acadados, senón polos valores que transmite: compañeirismo, respecto, superación e compromiso. O futuro do noso deporte está en moi boas mans.
💙 Parabéns, campións!

Máis información

Cerrar [X]Uso de cookies

Utilizamos cookies propias y de terceros para mejorar nuestros servicios y recopilar datos estadísticos sobre hábitos de navegación. El uso de cookies es necesario para la notificación de incidencias. Si continúa navegando, consideramos que acepta su uso. Puede obtener más información, o bien conocer cómo cambiar la configuración, en nuestra Política de cookies