Noticias y alertas

DEPORTES I 🛼 O pavillón de Baiñas é hoxe escenario da II Fase de Niveis 1 ao 8 – Sede 1, unha competición que reúne pre...

30/05/2026

DEPORTES I 🛼 O pavillón de Baiñas é hoxe escenario da II Fase de Niveis 1 ao 8 – Sede 1, unha competición que reúne preto de 242 participantes procedentes de distintos concellos da provincia da Coruña.
Desde o Concello de Vimianzo queremos dar a benvida a deportistas, familias, persoal técnico e acompañantes, agradecendo a súa presenza e contribuíndo a que o noso municipio sexa punto de encontro para o deporte base.
Nesta xornada competirán tamén 27 patinadores e patinadoras de Vimianzo pertencentes ao Club Escola Lubians, aos que lles desexamos moita sorte nesta cita deportiva, froito de meses de esforzo, constancia e preparación.
Moito ánimo a todas e todos os participantes e que desfrutedes desta xornada de convivencia e deporte.
#VimianzoDeporte #patinaxeartístico
Escola Lubiáns

Más Información

Cerrar [X]Uso de cookies

Utilizamos cookies propias y de terceros para mejorar nuestros servicios y recopilar datos estadísticos sobre hábitos de navegación. El uso de cookies es necesario para la notificación de incidencias. Si continúa navegando, consideramos que acepta su uso. Puede obtener más información, o bien conocer cómo cambiar la configuración, en nuestra Política de cookies