Noticias e alertas

ASALTO I O 29º Asalto ao Castelo de Vimianzo xa convoca ás hordas irmandiñas! 🔥 Esta mañá presentamos no Castelo de...

21/05/2026

ASALTO I O 29º Asalto ao Castelo de Vimianzo xa convoca ás hordas irmandiñas! 🔥
Esta mañá presentamos no Castelo de Vimianzo toda a programación dunha edición histórica que converterá a nosa vila, un ano máis, no epicentro cultural de Galicia 💥
No acto participaron a alcaldesa de Vimianzo, Mónica Rodríguez; o deputado de Patrimonio da Deputación da Coruña , Xosé Penas; Manuel Rial, portavoz da organización e miembro de A.C. Cherinkas; Marta Miñones, por parte de AXVALSO; Loreto Rodríguez, de Hijos de Rivera; Vanessa Caamaño, do Terra de Soneira C.D.; e Cristina Landeira, en representación do sector hostaleiro dos Pinchos Irmandiños.
🎶 ETS, Dakidarría, Los de Marras, Che Sudaka, De Ninghures e moito máis encabezarán dous días inesquecibles: 3 e 4 de xullo.
🍖 Volve a XV Cea Medieval no foso do castelo 🎭 Máis programación cultural co Festival Atlántica 🍺 XVII Pinchos Irmandiños 🏃‍♀️ X Legua Irmandiña 🛡️ Feira artesanal, Asaltiño, Irmandades Parroquiais, obradoiros, música de rúa e a gran batalla final!
📌 IMPORTANTE: ➡️ A zona de concertos contará con control de acceso tanto o venres como o sábado. ➡️ As entradas e abonos dispoñibles: https://woutick.com/…/entra…/asalto-ao-castelo-vimianzo-2026
Grazas á AC Cherinkas,AXVALSO, asociacións, voluntariado, hostalaría, patrocinadores e institucións por facer posible que o espírito irmandiño siga máis vivo ca nunca 🫶🔥🔥
⚔️ Vimianzo é terra irmandiña. Vémonos no Asalto!
#AsaltoAoCastelo #Vimianzo #Irmandiños #TerraDeSoneira #FestivalGalicia #Asalto2026

Máis información

Cerrar [X]Uso de cookies

Utilizamos cookies propias y de terceros para mejorar nuestros servicios y recopilar datos estadísticos sobre hábitos de navegación. El uso de cookies es necesario para la notificación de incidencias. Si continúa navegando, consideramos que acepta su uso. Puede obtener más información, o bien conocer cómo cambiar la configuración, en nuestra Política de cookies