Noticias y alertas

CONECTANDO CORAZÓNS I 📚 O Concello de Vimianzo presentou esta mañá o conto ilustrado “Por que se lle revirou o peteiro...

19/05/2026

CONECTANDO CORAZÓNS I 📚 O Concello de Vimianzo presentou esta mañá o conto ilustrado “Por que se lle revirou o peteiro á Curuxa Maruxa?”, unha iniciativa do programa “Conectando Corazóns” para sensibilizar sobre a soidade non desexada a través da literatura infantil.
A obra, escrita por Sergio Trillo e ilustrada por Laura Suárez, emprega a historia dunha curuxa para transmitir valores como a convivencia, o acompañamento e o apoio comunitario 💛
No acto participaron a alcaldesa de Vimianzo, Mónica Rodríguez; a concelleira de Benestar Social, , María José Pose; a deputada de Política Social, Mar García; e Sandra Abeijón, coordinadora do Plan de Soidade, ademais do equipo creador da publicación e do alumnado de 1º e 2º de Educación Primaria do CEIP San Vicenzo, que gozou dunha xornada de animación arredor da lectura e da reflexión compartida.
🤝 Un proxecto impulsado polo Concello de Vimianzo coa colaboración da Deputación da Coruña Deputación da Coruña.
Un conto para lembrar que acompañar, escoitar e compartir tamén é unha forma de coidar 🫂

Más Información

Cerrar [X]Uso de cookies

Utilizamos cookies propias y de terceros para mejorar nuestros servicios y recopilar datos estadísticos sobre hábitos de navegación. El uso de cookies es necesario para la notificación de incidencias. Si continúa navegando, consideramos que acepta su uso. Puede obtener más información, o bien conocer cómo cambiar la configuración, en nuestra Política de cookies