Noticias e alertas

DEPORTES I 🚴‍♂️👏 Dende o Concello queremos felicitar aos integrantes do Club Ciclista Val de Soneira pola súa particip...

16/05/2026

DEPORTES I 🚴‍♂️👏 Dende o Concello queremos felicitar aos integrantes do Club Ciclista Val de Soneira pola súa participación na Ruta Mozárabe ata Salamanca, unha experiencia deportiva e humana de gran esforzo e compañeirismo.
Os catro ciclistas vimianceses percorreron preto de 600 quilómetros nunha iniciativa que leva o nome de Vimianzo e da Costa da Morte máis alá das nosas fronteiras, promovendo tamén valores como o deporte, a superación e o espírito de equipo.
Nesta ocasión participaron Félix de Novelle (Serramo), Martín de Novelle (Serramo), Vicente do Sixto (Baiñas) e David de Vilanova (Baiñas).
Parabéns por este reto conseguido e moitos éxitos nas próximas aventuras! 💪🌄
Mtb Val Soneira

Máis información

Cerrar [X]Uso de cookies

Utilizamos cookies propias y de terceros para mejorar nuestros servicios y recopilar datos estadísticos sobre hábitos de navegación. El uso de cookies es necesario para la notificación de incidencias. Si continúa navegando, consideramos que acepta su uso. Puede obtener más información, o bien conocer cómo cambiar la configuración, en nuestra Política de cookies