Noticias e alertas

DEPORTES I ⚽️ A XVI Xornada de Actualización e Reciclaxe para adestradores/as de fútbol foi presentada este venres en Vi...

15/05/2026

DEPORTES I ⚽️ A XVI Xornada de Actualización e Reciclaxe para adestradores/as de fútbol foi presentada este venres en Vimianzo.
A Casa da Cultura acollerá o próximo 24 de maio de 2026 esta importante cita formativa organizada pola Real Federación Galega de Fútbol, que reunirá en Vimianzo a profesionais de primeiro nivel como Quique Setién, Julián Calero, Miguel Figueira e Jacobo Ceide.
No acto de presentación participaron o presidente do Comité Galego de Adestradores e director da Escola, Manolo García; a alcaldesa de Vimianzo, Mónica Rodríguez; o técnico de deportes do Concello de Vimianzo, Víctor Santos; Víctor Lema, membro da directiva do Soneira SD; e Manuel Corredoira en representación da RFGF.
Real Federación Galega de Fútbol - Futgal
📍 Casa da Cultura de Vimianzo
🗓 Domingo, 24 de maio de 2026
⏰ De 09:30 a 14:30 h
Desde o Concello de Vimianzo seguimos apoiando iniciativas que promoven o deporte, a formación e a proxección do noso municipio como referente para a celebración de eventos deportivos e formativos.
📌 Prazas limitadas
ℹ️ https://docs.google.com/…/1FAIpQLSf_b-UtMWo6g2bxX…/viewform…

Máis información

Cerrar [X]Uso de cookies

Utilizamos cookies propias y de terceros para mejorar nuestros servicios y recopilar datos estadísticos sobre hábitos de navegación. El uso de cookies es necesario para la notificación de incidencias. Si continúa navegando, consideramos que acepta su uso. Puede obtener más información, o bien conocer cómo cambiar la configuración, en nuestra Política de cookies