Noticias e alertas

SEGURIDADE | 🤝 A alcaldesa de Vimianzo, Mónica Rodríguez, e o subdelegado do Goberno na Coruña,Julio Abalde, presidiro...

12/05/2026

SEGURIDADE | 🤝 A alcaldesa de Vimianzo, Mónica Rodríguez, e o subdelegado do Goberno na Coruña,Julio Abalde, presidiron hoxe a Xunta Local de Seguridade para coordinar os mecanismos de vixilancia necesarios de cara ás festividades estivais.
A alcaldesa de Vimianzo destaca a máxima colaboración entre Garda Civil e Policía Local para garantir a seguridade nos principais eventos festivos e deportivos do concello, así como a situación da seguridade cidadá e a atención á violencia de xénero.
Desde o Concello destacamos a boa coordinación entre a Garda Civil e a Policía Local para garantir o correcto desenvolvemento de citas tan importantes como o “Asalto ao Castelo”, a “Faguía da Carnes”, as festas de Carantoña e a Festas do Verán, ademais do operativo previsto para a final da Copa da Costa.
O subdelegado do Goberno na Coruña puxo en valor esta colaboración entre corpos de seguridade e salientou os bos datos de seguridade de #Vimianzo.
Desde o Concello seguimos a traballar pola seguridade e a boa convivencia en todos os nosos eventos 🙌

Máis información

Cerrar [X]Uso de cookies

Utilizamos cookies propias y de terceros para mejorar nuestros servicios y recopilar datos estadísticos sobre hábitos de navegación. El uso de cookies es necesario para la notificación de incidencias. Si continúa navegando, consideramos que acepta su uso. Puede obtener más información, o bien conocer cómo cambiar la configuración, en nuestra Política de cookies