DEPORTES I ⚽️ Vimianzo acolleu esta mañá no campo municipal Irmandiño a presentación oficial do I Torneo Camiños dos Faros de fútbol xuvenil, que se celebrará os días 5, 6 e 7 de xuño.
🏆 O torneo reunirá na Costa da Morte a oito equipos de primeiro nivel, convertendo o noso municipio nun punto de encontro para o talento xuvenil e reforzando a aposta polo deporte base e a promoción turística da comarca.
No acto participaron Antonio Leira, deputado de Deportes da Deputación da Coruña; Mónica Rodríguez Ordóñez, alcaldesa de Vimianzo; Sergio Miñones Oanes, concelleiro de Deportes; “Cholo”, directivo de Football Events; e Manuel Castiñeiras Vidal, directivo do Bergantiños FC e promotor da iniciativa.
💚 Un evento que nace coa vocación de consolidarse como unha referencia do fútbol base en Galicia.
#VimianzoDeporte
#municipalirmandiño