ALZA VOZ DE MULLER I A Casa da Cultura será o escenario, os días 8 e 9 de maio, da segunda edición do Foro de Liderado Feminino no Rural da Costa da Morte “Alza Voz de Muller”, unha cita que xa supera as 120 persoas inscritas e que continúa medrando.
Baixo o lema “Da consciencia á acción para liderar, emprender e transformar desde o rural”, o foro consolídase como un espazo de encontro, aprendizaxe e creación de redes entre mulleres, promovendo o liderado feminino e o desenvolvemento persoal e profesional no rural.
📢 Relatorios, espazos de diálogo e dinámicas participativas con profesionais e referentes de ámbito estatal converterán Vimianzo nun punto clave para compartir experiencias e impulsar novas oportunidades.
📝 As inscricións seguen abertas e son gratuítas.
👉 Formalízaa en: alzavozdemuller.com
Dende o Concello de Vimianzo animamos a todas as persoas interesadas a participar nesta iniciativa que aposta polo talento, a igualdade e o futuro do rural 💜
Plan Emprego Local - PEL Deputación da Coruña
Xunta de Galicia
#AlzaVozDeMuller #Vimianzo #LideradoFeminino #MullerRural #CostaDaMorte