BENESTAR I Hoxe celebrouse unha rolda de prensa na Vivenda Comunitaria para dar conta da situación dos servizos municipais de vivenda comunitaria, comedor, lavandería sobre rodas e Escola Infantil Municipal, así como do proceso de contratación tras o abandono da empresa concesionaria anterior.
A alcaldesa, xunto coa concelleira de Benestar Social, María José Pose, e a técnica responsable do contrato, Sandra Abeijón, explicaron un proceso marcado pola complexidade, o rigor e a responsabilidade institucional, co obxectivo de garantir en todo momento a continuidade dos servizos e a protección das traballadoras.
📌 Na intervención tamén se informou:
. Da actualización dos prezos dos Servizos conforme ao IPC.
• Da resposta municipal ante o abandono dos servizos pola empresa concesionario, garantindo a súa continuidade.
📌 Así mesmo, o Concello destacou que:
• Os servizos afectaron a 170 persoas usuarias e 33 traballadoras.
• O Concello asumiu os gastos de suministrosu necesarios para manter a atención.
• A nova empresa adxudicataria regularizou os pagamentos ás traballadoras.
• Están en marcha accións legais para defender os intereses municipais
🤝 O Concello de Vimianzo quere agradecer o traballo do persoal municipal e, moi especialmente, das traballadoras dos servizos, que garantiron a atención con profesionalidade en todo momento.
💙 Seguimos traballando por uns servizos públicos de calidade, estables e centrados nas persoas.
ℹ️Podes consultar a nota de prensa completa aquí:
https://www.vimianzo.gal/novas.php?id=2058&idioma=gl&sec=203
👉