Noticias e alertas

PONTE NAS ONDAS I 📻 🎙️Unha xornada para lembrar en Vimianzo. Queremos agradecer a Ponte nas ondas, a todas as persoa...

24/04/2026

PONTE NAS ONDAS I 📻 🎙️Unha xornada para lembrar en Vimianzo.
Queremos agradecer a Ponte nas ondas, a todas as persoas, centros educativos, docentes e alumnado que fixeron posible que esta xornada de radio escolar fose un auténtico éxito no noso concello.
Máis de 400 rapaces e rapazas de 10 centros da Costa da Morte déronlle vida ao Auditorio de #Vimianzo cunha experiencia educativa chea de creatividade, participación e orgullo polo noso patrimonio, dentro do programa Ponte… nas ondas!
🙏 Grazas tamén ao equipo organizador, ao persoal municipal e a todas as persoas que colaboraron para que todo funcionase á perfección ao longo do día.
🏰 A xornada pechouse cun acto de clausura no que a alcaldesa de Vimianzo puxo en valor o traballo realizado e o compromiso da comunidade educativa coa cultura e o territorio.
📸 Compartimos algunhas imaxes deste encontro tan especial.
#Vimianzo #PonteNasOndas #RadioEscolar #Educación #Patrimonio #CostaDaMorte #Mocidade

Máis información

Cerrar [X]Uso de cookies

Utilizamos cookies propias y de terceros para mejorar nuestros servicios y recopilar datos estadísticos sobre hábitos de navegación. El uso de cookies es necesario para la notificación de incidencias. Si continúa navegando, consideramos que acepta su uso. Puede obtener más información, o bien conocer cómo cambiar la configuración, en nuestra Política de cookies