PENEDOS I 🌊🪨 Convidamos á veciñanza a participar nesta xornada divulgativa enmarcada no proxecto Sabor a Mar con R, promovido pola Asociación de Profesionais de Turismo da Costa da Morte (APTCM), co financiamento do GALP Costa da Morte , e coa colaboración do Concello de Vimianzo e Concello de Laxe.
A actividade está coordinada polo catedrático emérito de Xeoloxía da Universidade da Coruña e académico numerario da Real Academia Galega de Ciencias, Juan Ramón Vidal Romaní.
📍 Un roteiro polos Penedos para afondar na riqueza xeolóxica da Costa da Morte, da man de persoas expertas, nunha experiencia para coñecer, valorar e protexer o noso patrimonio natural.
📝 Inscrición previa obrigatoria:
https://forms.gle/QChF2A6c3QoAMqRE7
🙌 Unha iniciativa que aposta pola divulgación científica, a educación ambiental e a posta en valor do noso territorio.
#Vimianzo #CostaDaMorte #SaborAMarConR #APTCM #GALPCostaDaMorte #MedioAmbiente #Xeoloxía #PatrimonioNatural