Noticias e alertas

PROGRAMACIÓN I 🩰 Este domingo 26 de abril ás 18:00 h, o auditorio da Casa da Cultura de Vimianzo será escenario da estr...

21/04/2026

PROGRAMACIÓN I 🩰 Este domingo 26 de abril ás 18:00 h, o auditorio da Casa da Cultura de Vimianzo será escenario da estrea de SAIAS DO MAR, nova coprodución do Centro Coreográfico Galego e ArtístiKa Movemento.
A peza foi presentada hoxe no Concello nun acto no que participaron a alcaldesa de Vimianzo, Mónica Rodríguez; o director da Axencia Galega das Industrias Culturais, Jacobo Sutíl, a Concelleira de Cultura, Rosa Blanco ; xunto co equipo artístico da compañía.
💬 A alcaldesa de Vimianzo puxo en valor a satisfacción do Concello por acoller esta iniciativa cultural e trasladou o agradecemento ao Centro Coreográfico Galego pola súa aposta por #Vimianzo como sede de residencia artística e de estrea desta produción escénica.
🌊 Saias do mar é unha proposta de danza contemporánea inspirada no Camiño da #Traslatio que homenaxea á muller galega e a súa conexión ancestral co mar.
🎟️ Entradas dispoñibles en woutick.es
📍 Casa da Cultura de Vimianzo
📅 26 abril ás 18:00 h.

Máis información

Cerrar [X]Uso de cookies

Utilizamos cookies propias y de terceros para mejorar nuestros servicios y recopilar datos estadísticos sobre hábitos de navegación. El uso de cookies es necesario para la notificación de incidencias. Si continúa navegando, consideramos que acepta su uso. Puede obtener más información, o bien conocer cómo cambiar la configuración, en nuestra Política de cookies