ECLIPSE I ✨🌒 Gran acollida da programación “Sol e sombra: prepárate para a eclipse” en Vimianzo
📍 O Concello de Vimianzo fai unha valoración moi positiva das actividades arredor da eclipse solar do 12 de agosto, que contaron cunha ampla participación da veciñanza.
🎓 As charlas no IES Terra de Soneira tiveron unha acollida extraordinaria, destacando o interese e entusiasmo da rapazada.
👥 A charla para o público xeral tamén rexistrou moi boa asistencia.
🎤 A alcaldesa agradeceu a participación e a presenza do relator Javier Ares de Polaris Menorca , así como o labor da Asociación de Astroturismo Costa da Morte na difusión da eclipse 🌒 e na defensa e protección dos ceos escuros 🌌 na #CostadaMorte.
🕶️ Dende o Concello sublíñase a importancia de observar a eclipse con seguridade, empregando gafas homologadas.
📍 A Costa da Morte será un lugar privilexiado para a súa observación.
🌠 Esta programación enmárcase na aposta por consolidar #Vimianzo como destino #Starlight e referente no turismo das estrelas. ✨
Fundación Starlight