PROGRAMACIÓN I 🎭 A compañía Os Náufragos teatro achéganos a #Vimianzo o espectáculo RIAZOR OSTIA.
🖤 Un poema escénico sobre o fascismo, a violencia e a memoria.
🕊️Cincuenta anos despois do asasinato de Pier Paolo Pasolini, a súa voz e o seu corpo seguen a interpelarnos, amosándonos feridas aínda abertas. Da súa man, a peza afonda no auxe do fascismo,da violencia e do odio, realidades atravesadas polas loitas e tensións arredor de cuestións sociais como a visibilidade LGTBIQ+, a xustiza, a educación, a relixión ou a política.
🌊 Un asasinato baixo o berro de “maricón” conecta o mar de Ostia co de Riazor,transformando o silencio en reflexión, a cólera en esperanza e a memoria en futuro.
📅 18 de abril
🕣 20:30 h
📍 Auditorio de Vimianzo
🎟️ Entradas en woutick.es
⏱️ Duración: 85 minutos
#AuditorioVimianzo