Noticias e alertas

ALZA VOZ DE MULLER I Os vindeiros 8 e 9 de maio, o noso concello acollerá a segunda edición de “Alza Voz de Muller”, un...

10/04/2026

ALZA VOZ DE MULLER I Os vindeiros 8 e 9 de maio, o noso concello acollerá a segunda edición de “Alza Voz de Muller”, un foro xa consolidado como referente do liderado feminino no rural 💜
📍 Esta mañá tivo lugar a presentación oficial na Casa da Cultura, coa participación da deputada provincial Rosa Ana García, a concelleira de Benestar María José Pose e a alcaldesa de Vimianzo Mónica Rodríguez, que destacaron a importancia de seguir impulsando espazos que visibilicen e conecten o talento feminino.
🙌🏻 Contaremos con mulleres referentes a nivel nacional e talento galego e da Costa da Morte, nun encontro que aposta pola inspiración, a aprendizaxe e a creación de rede.
📝 Inscricións abertas en: www.alzavozdemuller.com
Alza Voz de Muller
Deputación da Coruña
Plan Emprego Local - PEL Deputación da Coruña
#AlzaVozDeMuller #Vimianzo #MullerRural #LideradoFeminino #CostaDaMorte #Igualdade

Máis información

Cerrar [X]Uso de cookies

Utilizamos cookies propias y de terceros para mejorar nuestros servicios y recopilar datos estadísticos sobre hábitos de navegación. El uso de cookies es necesario para la notificación de incidencias. Si continúa navegando, consideramos que acepta su uso. Puede obtener más información, o bien conocer cómo cambiar la configuración, en nuestra Política de cookies