DEPORTES I 🏍️ O Concello de Vimianzo vén de asinar un convenio de colaboración co Moto trial O Petouco , no marco da aposta polo trial, nun ano no que o municipio será escenario de diferentes competicións desta disciplina.
O acto de sinatura celebrouse o martes 18 de marzo nas dependencias municipais, coa presenza da alcaldesa, Mónica Rodríguez; o concelleiro de Deportes, Sergio Miñones; o técnico municipal Víctor Santos; así como representantes da entidade, o seu presidente Jesús María Sampedro e o vogal Manuel Pérez.
Cómpre destacar o importante labor que o Motoclub O Petouco vén desenvolvendo nos últimos dous anos no fomento da práctica do trial, consolidando ademais a celebración do Campionato Galego de Trial en Vimianzo.
Para este 2026, xa están confirmadas varias citas destacadas:
📅 10 de maio – Campionato Galego de Trial (3º ano consecutivo en Vimianzo)
📅 14 de xuño – Copa Galicia de Trial infantil e clásicas
📅 12 e 13 de setembro – Campionato de España de Trial
🔥 Un calendario de primeiro nivel que traerá a Vimianzo aos mellores pilotos e que combinará espectáculo, deporte e promoción do territorio.