🏛️ RESUMO DO PLENO ORDINARIO:
Onte, mércores 11 de marzo, celebrouse a sesión ordinaria do Pleno da Corporación Municipal na que se tomaron importantes decisións para o futuro dos nosos servizos e infraestruturas:
📍 UNANIMIDADE NA INSCRIPCIÑON DUN CAMIÑO PÚBLICO
A corporación municipal aprobou por unanimidade a declaración de carácter público dun camiño en Señoráns (parroquia de Salto). Un paso fundamental para garantir os dereitos de paso e a titularidade pública deste espazo para todos os veciños e veciñas. 🤝
💼 APROBACIÓN DA NOVA RPT
Saíu adiante a aprobación inicial da modificación integral da Relación de Postos de Traballo (RPT) do Concello. Este documento é clave para modernizar a organización municipal e mellorar a eficiencia administrativa. A proposta contou cos votos a favor do goberno e a abstención do PP e BNG.
✅ OUTROS ACORDOS DE INTERESE:
Servizo de Axuda no Fogar (SAF): Aprobación inicial da modificación da ordenanza reguladora e do seu prezo público para seguir garantindo a calidade na atención aos nosos maiores.
Sustentabilidade: Adhesión aos convenios marco de residuos de vidro, envases lixeiros e papel/cartón para reforzar a reciclaxe no noso concello.
Seguimos traballando para un Vimianzo máis organizado e con mellores servizos públicos para a veciñanza.
#Vimianzo #PlenoVimianzo #Salto #ServizosPúblicos #VimianzoAvanza